A+ R A-

BARBADÁS FEMENINO 1- O VAL DE NARÓN-0 (CRÓNICA Y FOTOS DE LA FINAL DE COPA GALICIA )

Valoración del Usuario:  / 0
MaloBueno 
Sufrida vitoria, pero tamén merecida do Barbadás na Final da Copa Galicia Feminina contra a S.D. O Val de Narón. Uns 300 afeccionados de ambos os dous equipos déronse cita no campo Das cancelas de Santiago de Compostela nunha tarde de moita calor para presenciar o partido. Como pasa na maioría das finais o partido comezou con moitas precaucións por ambos os dous equipos, pero sobre todo a presión era maior por parte das xogadoras do Barbadás quese sentían moi inseguras e eran incapaces de dar dous pases seguidos e por conseguinte non lograban chegar á portaría de Alex. Aínda que as de Narón tampouco levaban perigo, si tiñan un pouco máis de posesión. Así e todo, a xogada máis perigosa desta primeira parte foi para as azuis no minuto 36 cando á saída dun "corner" botado por Cris, Pacy remata e o balón pega no longueiro. No comezo da segunda parte entra Yanina por Noelia e cambia totalmente o decorado do partido, o Barbadás faise dono da posesión e as chegadas á portaría de O Val fan presaxiar que o gol podería chegar en calquera momento. No minuto 52 Alba recibe o balón ao bordo da área e o seu tiro despéxao Mackay (que substituíra a Alex)) a "corner" nunha gran parada. 
No minuto 53 é Helena a que está a punto de marcar e 2 minutos despois nun gran pase de Alba, Helena gaña en velocidade ás defensas e cruza o balón lonxe do alcance de Mackay levando o xúbilo á poboada afección azulona. O Val, xa á desesperada, poboou a súa dianteira de xogadoras o que fixo que as contras do Barbadás fosen moi perigosas xa que moitas veces había un 1 para 1 en defensa. As de Narón puxeron todo o seu empeño en atacar pero sen demasiado perigo e as azuis repregáronse para non se ver sorprendidas o que fixo que os minutos finais fosen moi intensos, por parte dunhas intentando facer o empate e por parte das outras en defender a vida ou morte a súa escasa renda. No tempo engadido O Val dispuxo da súa mellor, e case que única, ocasión clara, cando nun mal entendemento entre Abi e House, o balón cae a pés de Rego e o seu tiro a porta baleira vaise fóra. Co asubío final, enorme alegría nas xogadoras e afección ourensán e O Val foi un digno finalista cun comportamento na derrota exemplar xa que todas as súas xogadoras, corpo técnico e afección felicitaron as campioas.

 

S.D. O VAL: Alex (m. 50 Mackay), Vero (m. 46 Paula), Irene, Laura (m. 69 Rego), Isa, L. Lorenzo, Carmen, Noemi (m. 79 Moni), Bea, Evita (m. 63 Karol) e Cuqui.

 

U.D. BARBADÁS: House, María, Pacy, Abi, Noelia (m. 46 Yanina), Cris, Helena, Mónica, Jani, Alba e Andrea.

 

ÁRBITRO: Pablo Botana Rey (Santiago).

 

ASISTENTES: Jonatan Losas e Enrique Blanco.

 

TARXETAS: Vero (m.17), Irene (m. 68) e Karol (m. 89) polo O Val. Polo Barbadás Alba (m. 83) e Abi (m.88)

 

Fuente: http://barbadasbase.blogspot.com/2012/06/barbadas-femenino-1-o-val-de-naron-0.html#ixzz1yt64NwYh

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

0 : 0
Sporting de Gijón
   
CF Vimenor
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
Victoria CF
   
Racing de Santander
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
Club Peluqueria Mixta Friol
   
Sárdoma CF
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
Gijón FF
   
Victoria FC
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
R.C.Deportivo de la Coruña
   
CD Femiastur
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
Atlántida Matamá
   
U. D. Llanera
(Fecha sin confirmar.)
0 : 0
Real Oviedo
   
CD Monte
(Fecha sin confirmar.)

Términos y Avisos legales